Os Socialistas de Leiro preguntan sobre a ampliación da planta de lodos de Lamas
Os socialistas de Leiro presentaron un esrito no Concello sobra a compra de terreos anexos á planta de lodos de Lamas por parte deste empresa, así como para fiscalizar as contas do concello e do custo de diferentes actuacións levadas a cabo polo Concello.
O portavoz, Manuel Rodríguez, amosa a preocupación dos socialistas pola compra por parte da empresa que explota a planta de lodos de Lamas dos terreos anexos a es esta instalación. Neste sentido os socialistas preguntan ao alcalde que está disposto a facer o Concello se con esta ampliación o que se pretende é depositar lodos e outros materiais.
Nun exercicio de control das contas municipais, os socialistas queren visualizar todas as facturas e xustificantes relativas ao gasto público e ás diferentes modificacións de crédito do ano 2011, ademais do rexistro de entrada e saída do mes de xaneiro de 2012.
Esixen información detallada das obras que se están a realizar no casco urbán de Leiro; o custe da instalación dos badéns do pobo de Gomariz, da súa remodelación e do informe técnico para levala a cabo, así como a empresa responsable das obras.
Tamén preguntan polo proxecto da planta potabilizadora de auga, e polo custe do refuxio de cazadores no pobo de Paredes, que aínda non foi aberto pese a estar rematado dende 2005.
Ademais os socialistas presentaron por segunda vez, xa que non a quixeron debater no pleno do pasado mes de decembro, unha moción na que piden que coa máxima urxencia se arranxe a pavimentación da rúa Prado do casco urbán, que presenta perigo de derrubamento así como a calzada agretada, o que supón un grave risco para os peatóns e os vehículos.