Os Socialistas de Leiro urxen a reparación da rúa Prado, que presenta perigo de derrubamento
Os socialistas de Leiro alertan da necesaria reparación do pavimento da rúa Prado antes de que cause danos a peatóns ou mesmo provoque un accidente a algún vehículo. O Grupo Municipal Socialista presentou no pasado pleno unha moción pola vía de urxencia dada a situación de perigosidade que constitúe o al estado do pavimento da calzada desta rúa do casco urbán de Leiro.
O portavoz, Manuel Rodríguez, critica que “como de costume a moción non se chegou a debater ao ser rexeitada a súa urxencia polo propio alcalde, quen xa no seu día nos tildara de alarmistas nun medio de comunicación”. O edil socialista considera que gretas de máis de 30 centímetros nunha calzada que se está resquebraxando precisan de medidas urxente para evitar calquera tipo de accidente.
Neste sentido, Rodríguez lembra que “o Concello ten a obriga de manter e conservar as rúa públicas así como garantir a seguridade en lugares públicos”, polo que reclama unha solución, “tendo en conta ademais o superávit nas contas municipais das que fala o alcalde”. A rúa en cuestión linda cunha viña que os seus donos cultivan, e que poden sufrir danos dado o perigo de derrubamento cada vez maior.