Os Socialistas demandan a xestión pública para o parque comarcal de bombeiros
O grupo socialista presentou unha moción na que defenderá ante a corporación carballiñesa que "o que se constrúe con cartos públicos non vaia a mans privadas".
"Ese parque de bombeiros que non se da rematdo nin se da posto a funcionar e que costou miles de euros de cartos públicos, e que agora será equipado tamén financiado co erario público, e que posteriormente como se fixo na meirande parte de Galicia pasará a súa xestión a unha empresa privada, a que por suposto procurará obter o máximo beneficio desa xestión e lucrarse", critican dende o Partido Socialista.
Non lles vale aos socialistas a xustificación que se da dende o Partido Popular sobre "a excusa da crise e a austeridade para privatizar todo", e como exemplo poñen o caso do parque de bombeiros do Deza, o único -afirman- de xestión pública "no que se pode comprobar que o gasto é moito menor ao ser xestioando públicamente".
O grupo municipal do PSdG_PSOE defende que "o parque de bombeiros do Carballiño sexa de xestión pública, dando asi mellor servizo e xerando emrpregos de calidade". Demandan do alcalde Argimiro Marnotes que "defenda os intereses do noso pobo e non do seu partido, e que demostre ter o peso político que ata agora non demostrou".