Os Socialistas denuncian a "deixadez" do alcalde polo mal estado das rúas de Leiro e Cubilledo
O portavoz socialista lamenta o mal estado das rúas Casanova, Estévez, Carrerira, Padre Eiján e Poreleira, asi como varios camiños no pobo de Cubilledo.
O Grupo Municipal Socialista de Leiro con rexistrou duas mocións nas que insta ó concello a que fiaga un Plan Integral Xeral para reparar as rúas do casco urbán de Leiro, así como facer melloras enerxéticas e de pavimentación nas rúas do pobo de Cubilledo, na parroquia de Gomariz.
O portavoz do PSdG no concello de Leiro, Manuel Rodríguez denuncia que non sexa o alcalde o que por iniciativa propia repare as rúas de Leiro que presentan un estado lamentable a nivel calzada, recollida de augas, buratos e desniveis considerables, no caso das rúas do pobo de Cubilledo en Gomariz a falta de melloras enerxéticas e de pavimentación, obrigaron ós veciños a presentar firmas expresando o seu malestar ante esta situación.
Por último o Grupo Municipal Socialista de Leiro, reclama que o alcalde inclua este Plan Integral de Mellora das rúas do casco urbán de Leiro, e as melloras enerxéticas e de pavimentación do pobo de Cubilledo na partida presupuestaria Municipal para o 2013, e no primero caso incluso no Plan Provincial 2013.