Os socialistas denuncian a "desidia" do concello de Leiro ante a problemática das placas de xeo
Leiro é coñecido polas súas altas temperaturas, sobre todo na época de verán, pero estes dias veu rexistrando mínimas de ata 6 graos baixo cero, provocando as consabidas pracas de xeo que se convirten nun problema nalgunhos camiños da rede viaria municipal, e tanto para a circulación de vehículos como para peóns.
A Agrupación Socialista de Leiro ven de denunciar públicamente "a desidia do goberno municipal", e como exemplo da situación de perigo consecuencia das xeadas destes dias pon o lugar de Cubilledo, na parroquia de Gomariz, cunha imponente praca de xeo como pode apreciarse na fotografía, asegurando que "na noie deste mércores un vehículo quedou atascado e tivemos que chamar ao 112 para que viñenan a socorrelo, dada a deixadez de funcións dos gobernantes de Leiro, que andan a outras cousas menos o que teñen que andar", remarcan.
Os socialistas piden "medidas urxentes" e recordan que o portavoz municipal Manuel Rodríguez xa advertíu reiteradamente ao alcalde de Leiro de que "se non se tomaban medidas logo chegarían as consecuencias, como agora se confirma, subliñan.