Os Socialistas denuncian a "falta de seguridade vial" no centro do Carballiño
As criticas socialistas achacan a situación "a outra das brillantes ideas" do Alcalde do Carballiño. Refirense a falta de seguridade vial no entorno da Alameda e na rúa Principal do Carballiño.
Os socialistas apuntan que "foron moitos os veciños e veciñas do Carballiño que se dirixiron ós membros deste grupo municipal para queixarse e amosar a súa fonda preocupación pola caótica situación creada pola presenza de vehículos en lugares nos que atá hai pouco tempo tiñan prohibido o acceso". Citan como exemplo a rúa Principal onde "a gran cantidade de coches e furgonetas de reparto desplazanse agora con total libertade e impunidade, tamén é constante o estacionamento de vehículos nos accesos á rúa peonil, anulando asi a suposta intención do Alcalde do Carballiño para a retirada de bolardos que antes impedian estas irregularidades", suliñan.
O outro exemplo que poñen de manifesto os socialistas e que ademáis consideran de consecuencias "graves e perigosas" é no entorno da Alameda, onde "a retirada dos pivotes sen xustificación nin explicación coñecida provoca o continuo estacionamento de coches no espazo destinado á circulación de peóns". Particularmente preocupante é esta situación "nas horas de saidas dos colexios, son moitos os nenos que so teñen a opción de camiñar pola calzada".
Finalmente, o grupo municipal socialista no Concello do Carballiño demanda da Alcaldia que "corrixa canto antes este grave problema e non teñamos que agardar a que aconteza algunha desgraza para tomar medidas que garanticen a seguridade dos nosos veciños e sobre todo dos principais usuarios da Alameda, os cativos".