Os socialistas denuncian "a inoperancia do goberno municipal do Partido Popular"

11, Xaneiro 2013

E como exemplo puxeron o estado no que se encontra a beirarrúa da estrada de Ribadavia, na localidade do Torrón.

O portavoz do grupo municipal socialista Paco Fumega asegurou que "fai máis dun ano que vimos pedindo que se solucione este problema, fíxémolo por vez primeira no pleno do dia 5 de decembro de 2011, e desde entón sempre foron dando largas ou boas palabras". Referíase Fumega "a estes buratos na beirrúa que continuan abertos e que xa provocaron algún accidente, como o dunha señora que xa tivo lesións ó sufrir unha caída".

O PSdG esixe "unha solución inmediata a este problema que evidencia a inoperancia absoluta do goberno municipal do Partido Popular, algo que coincide co que nos comentan as asociacións de veciños e a cidadanía en xeral", manifestou o portavoz socialista no concello carballiñés.

DOCUMENTACIÓN DO ASFALTADO NAS RÚAS DO CASCO URBÁN

Os socialistas anuncian que solicitarán "toda a documentación relativa ao asfaltado de rúas no casco urbán", refirense concretamente aos traballos de rebacheo e asfaltado que no transcurso dos últimos meses levaronse a cabo nas rúas Aquilino Sánchez e Cerca "que son o exemplo máis claro do que é unha chapuza en toda regla", subliñan.