Os socialistas denuncian "o desmantelamento da rede cultural carballiñesa"
Os socialistas falan de "revanchismo por causas ideolóxicas e nulo apoio dende o concello con entidades como o Casino, que tanto leva apostando pola organización de actividades culturais nos últimos tempos".
Adolfo Nogueira tamén se referíu no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio "ó boicot que está a sufrir o Cine Club, e que eles mesmos denunciaron, desde que se negaron a organizar as Xociviga, por desavenencias co propio concello". O concelleiro socialista recordou "incumprimentos de promesas como a feita ós grupos musicais sobre a construcción dun local de ensaios" e de forma expresa denunciou "o abandono da biblioteca municipal, onde son incapaces de cambiar unhas bombillas fundidas nos aseos, sen calefacción e co mobiliario roto".
"A palabra desmantelamento está no ADN deste goberno do Partido Popular", afirmou o concelleiro socialista "e non so falo de cultura, senón que tamén podía facélo dos distintos servizos municipais, esta mesma mañá varios pais da Escola de Fútbol mostrabanme a súa preocupación pola situación que están vivindo de nulo interés por parte do concello, está claro cal é a súa intención", subliñou.