Os socialistas do Ribeiro respaldan o traballo do portavoz en Leiro Manuel Rodríguez na fiscalizalización da Mancomunidade "fronte á soberbia dos alcaldes do PP"
Os portavoces socialistas de Cenlle, Cortegada, Arnoia e Beade queren manifestar o seu apoio e total respaldo "ao traballo que está a realizar o seu compañeiro portavoz socialista no Concello de Leiro Manuel Rodríguez, en favor da trasparencia e a verdade da xestión do seu Concello e da Mancomunidade do Ribeiro, dos que Francisco José Fernández é alcalde e Presidente".
Os portavoces socialistas veñen de denunciar "a actitude soberbia e prepotente dos seus Alcaldes, ao valerse das súas maiorías políticas e truques legais para non exercer o principio de trasparencia e impedir a fiscalización da súa xestión e da xestión delegada na Mancomunidade do Ribeiro".
Desde Cortegada, lembran "a total oposición do seu Alcalde, en 2017, a facilitar a documentación relativa á Fundación Balneario de Cortegada e desde Cenlle a absoluta desidia do con cello principal valedor, do mesmo xeito que o de Cortegada, da Fundación Balneario de Laias á hora de esixir á Fundación San Rosendo o cumprimento do compromiso, adquirido ante notario, de crear entre sesenta a cen postos de traballo, así como unha residencia para maiores hoxe convertida nun hotel de catro estrelas".
Os socialistas entenden que as razoas polas que o Presidente da Mancomunidade e os alcaldes poñen empeño en xustificar a permanencia e a existencia da mesma, "está en que non saben ou non poden xustificar como dita entidade pode sobrevivir economicamente sen contar co cincuenta por cen dos Concellos que a constituíron no seu día e sen os seus correspondentes 10.823 veciños, tendo que repartirse o custo de funcionamento da mesma entre 5.227 veciños e non sobre os 16.050 que na actualidade corresponderían aos dez Concellos".
O Mantemento económico da Mancomunidade do Ribeiro, conclúen os portavoces socialistas, "supón un saqueo de recursos públicos dos Concellos que a conforman, das subvencións da Xunta e dos petos dos veciños, impedindo desta maneira facilitar unha mellor e maior prestación de servizos públicos".