Os socialistas equiparan o despido dunha traballadora municipal co caso que inhabilitou ao exalcalde de Punxín

9, Maio 2013

Paco Fumega equipara a sentencia xudicial que considera a nulidade do despido dunha traballadora municipal "co dun alcalde da comarca que foi inhabilitado por un caso parecido".

Referíase Fumega ao exalcalde socialista de Punxín Alfredo Cruz, que foi condenado no seu dia pola Audiencia Provincial a oito anos e seis meses de inhabilitación para o exercicio de cargos públicos por un delito de prevaricación, tras despedir a unha traballadora municipal que formara parte da candidatura do Partido Popular nese municipio.

Paco Fumega entende que os casos son semellantes xa que na sentencia que condena ao concello do Carballiño por despido improcedente desta traballadora "o xuiz afirma que é unha decisión política, que esta traballadora foi despedida por cuestións ideolóxicas", afirmou o portavoz socialista. Engadíu que"esta política do Partido Popular estalle a costar cartos ó concello, e xa son varios os fallos contrarios o concello e que dan a razón os traballadores despedidos".