Os socialistas instan ao concello a mellorar a conexión por estrada coa Estrada Nacional-541
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA A MELLORA DA ESTRADA PARADA-XENDIVE/OU-0416 DE ACCESO Á ESTRADA PONTEVEDRA-OURENSE/N-541 DENDE PARADA DE LABIOTE E NOGUEIROA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
PRIMEIRO.- Que O Irixo é un dos Concellos máis extensos da provincia de Ourense e de Galicia, 12 parroquias e 109 lugares repartidos nunha gran extensión de 121 km2 e no que as vías de comunicación teñen unha gran importancia para que a súa veciñanza se poida comunicar con axilidade pero tamén con seguridade, feito éste que non so é importante, en seguridade, tempo e distancias que se aforran, senón que tamén repercute decisivamente na calidade da vida das persoas, e, chegado o caso, en ocasións é determinante para fixar poboación no medio rural e no propio concello.
SEGUNDO.- Que neste caso a veciñanza da parroquia de Parada de Labiote e a do pobo de Nogueiroa, teñen unha conexión directa coa estrada de Pontevedra-Ourense/N-541, mediante a estrada Parada-Xendive/OU-0416, pola que poderían axilmente comunicarse con outros pobos e vilas próximos, por ser o traxecto máis curto entre esta parroquia e pobos e a Vila do Carballiño, como vila máis próxima ó Irixo.
TERCEIRO.- Que so 17,2 km separan pola estrada de Pontevedra-Ourense/N-541, mediante a estrada Parada-Xendive/OU-0416 ó pobo de Nogueiroa do Carballiño, tardando unha media en percorrelo en automóvil de 21 minutos, sería o traxecto máis curto, fronte ós 19,9 km de traxecto si o desprazamento fose pasando pola capitalidade do concello, e cunha duración media de 24 minutos. No caso de Parada de Labiote, 18 km sepárano do Carballiño pasando pola capitalidade do concello e empregando 21 minutos de media en percorrer esta distancia fronte a 19,1 km e 24 minutos mediante estrada de Pontevedra-Ourense/N-541, mediante a estrada Parada-Xendive/OU-0416.
CUARTO.- Que o certo é que a estrada Parada-Xendive/OU-0416 que da acceso á estrada de Pontevedra-Ourense/N-541, está chea de numerosas curvas, sen beiravías e, en ocasións, estreitamentos en tramos ou pontes, ou tramos con firme en mal estado que dificulta a circulación e acentúa a peligrosidade da vía para condutores, viandantes e animais.
QUINTO.- Que o estado desta estrada Parada-Xendive/OU-0416, dificulta o acceso da veciñanza do Irixo a dito enlace coa estrada de Pontevedra-Ourense/N-541 que é a vía de comunicación máis próxima e axeitada para que a veciñanza desta parte do Irixo teña unha boa conexión coa vila do Carballiño.
SEXTO.- Que non debemos esquecer tamén que sería unha vía de comunicación importante coa parroquia do Regueiro da que forman parte varios pobos do Irixo, Cerdeira de arriba, de abaixo, Os espiñeiros, A Candosa, As Antas, etc.
SÉTIMO.- Queademáis, o feito da mellora da estrada Parada-Xendive/OU-0416 sería unha mellora para toda a veciñanza do Irixo ó enlazar ca estrada de Pontevedra-Ourense/N-541 para desprazarse a Pontevedra ou a outras localidades próximas dende calquera pobo ou lugar do noso concello.
OITAVO.- Que a mellora da estrada Parada-Xendive/OU-0416 sería, ademáis, un importante estímulo máis para a prosperidade de todo o Concello e especialmente desta parroquia e os seus pobos.
Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o Concello de O Irixo solicite da Xunta de Galicia e/ou da Deputación Provincial, os medios económicos necesarios para a mellora da estrada Parada-Xendive/OU-0416.
2º.- Que en fases sucesivas coa colaboración económica da Xunta de Galicia e/ou da Deputación Provincial, se faga un estudo sobre amellora das principais vías de comunicación do concello que dan acceso ás distintas parroquias ou pobos, Reádigos, Loureiro, A Cidá, Corneda, Espiñeira, Froufe… construíndo beiravías, eliminado curvas e estreitamentos importantes en pontes e lugares que dificultan a circulación e acentúan a perigrosidade da vía para condutores, viandantes e animais.