Os socialistas recriminan ao alcalde do Irixo que non aproveitase a entrevista con Feijóo para trasladarlle o compromiso do pleno para apoiar a concentración parcelaria en San Cosme de Cusanca
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de lamentar "que tan só dúas semanas despois de celebrar un pleno extraordinario solicitado polo Grupo Socialista e aprobar por unanimidade a moción dos socialistas para requirir á Xunta de Galicia a aprobación da concentración parcelaria de San Cosme no Irixo, vai facer unha foto co Presidente da Xunta de Galicia e o seu proxecto estrela sexan casas modulares para O Irixo e non reclame nin diga nada da concentración parcelaria que fai apenas 15 días se comprometeu en pleno a defender e pedir para o Irixo".
Engade Fariñas que "é unha mágoa que o importante para o alcalde do Irixo sexan as fotos, xa dende o confinamento o importante son as fotos... foto fai 15 días cos veciños de San Cosme dicindo que pediría a concentración parcelaria a Xunta, e agora foto co Presidente desa mesma Xunta pero esquecéndose da concentración prometida na foto anterior".
Lamentan os socialistas "esta forma de enganar a veciñanza de San Cosme, na que un día di apoialos e cando chega a hora da verdade e se reúne co máximo responsable da Xunta que ten que decretar a concentración parcelaria, esa non sexa unha das súas peticións".
O portavoz municipal socialista recrimínalle ao alcalde de O Irixo porque "parece que so lle interesa a publicidade con cargo os orzamentos municipais, de que fai e xestiona, cando o que fai e vender fume, recuperara proxectos e actuacións xa de mandatos anteriores ou propostas levadas a pleno no anterior mandato polos socialistas con mais de 100 mocións presentadas o pleno, que ten copiado ou votado en contra para pasado un tempo acometer como iniciativas propias", manifesta.