Os socialistas reivindican un enlace directo coa autovía AG-53 para os concellos de Punxín, Amoeiro e Maside
Trátase dunha petición que, recordou a deputada Noela Blanco, remóntase ao ano 2010 cando "aprobouse por unanimidade na Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia, unha iniciativa do PSdeG transaccionada co PP na que solicitaba á Xunta de Galicia estudar a execución dun enlace de comunicación dos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside coa Autovia AG-53 e que se poidesen utilizar para iso as infraestructuras da futura área de servizo prevista no quilómetro 80+400 desta via de alta capacidade".
A Deputada socialista manifestou nesta comparencia que tivo lugar na sede socialista do Carballiño "sertirse especialmente orgullosa" desta infraestructura "unha autovía que foi liberada de peaxe por un presidente socialista como foi Emilio Pérez Touriño, plasmando o seu compromiso e aposta polo desenvolvemento do interior de Galicia.
Agora, os socialistas volven reivindicar a execución deste proxecto por medio dunha proposición non de lei, asinada este pasado dia 17 de Xaneiro, para o seu debate no pleno do Parlamento de Galicia no que piden o apoio para instar á Xunta de Galicia a proxectar e dotar do orzamento preciso, a execución dun enlace directo dende a AG-53 cos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside, éste último concello dispón de enlace co ramal do Carballiño, a chamada AG-54.
Na comparecencia ante os medios, Noela Blanco estivo acompañada por concelleiras socialistas de Punxín e Amoeiro, o alcalde de Maside, o deputado provincial socialista pola Comarca do Carballiño, e o ex-alcalde de Amoeiro e secretario provincial do PSdeG-PSOE.