Os socialistas tildan de "titiritada" a postura de Marnotes e retiranse do acordo do Concello do Carballiño contra a incineradora
O grupo municipal socialista presentará este lúns un escrito no Concello do Carballiño no que comunicarán que "renuncian" ao acordo institucional da Corporación contra a instalación da incineradora, e en consecuencia, tamén se retiran da comisión municipal de seguimento dese acordo adoptado por unanimidade do pleno no pasado mes de xaneiro.
"O Partido Socialista do Carballiño renuncia ao acordo que se tomou, non vamos a formar máis parte desta titiridada, desta pantomima, deste teatrillo de mal gusto que culminou na Deputación de Ourense porque non compartimos o tratamento que o Sr. Marnotes lle está dando ao acordo, non o compartimos nin o toleramos", manifestou o concelleiro Adolfo Nogueira no transcurso dunha comparecencia ante os medios na que tamén asegurou que "os socialistas non vamos a consentir que se burle do acordo tomado e do que todos os veciños do Carballiño estaban orgullosos".
Nogueira tamén adiantou que solicitarán a retirada da pancarta que co texto "acordo unánime, O Carballiño contra a incineradora" foi colocada no balcón da casa do concello porque "non dí a verdade, Marnotes non está contra a incineradora, está contra a incineradora nun punto kilómétrico concreto pero 30 centímetros maís alá él xa non está en contra da incineradora, esto foi o que dixo no pleno da Deputación".
O concelleiro socialista pedíu publicamente ao Alcalde do Carballiño "que non diga máis que está contra a incineradora porque non é certo, e quedou claro no pleno da Deputación cando non pudo mentir máis, que lle diga a verdade ós veciñós, que lle diga que non lle importa que estea no Concello do Irixo, pola nosa parte acabaronse os miramentos, nos estámos decididamente en contra deste proxecto", aseverou.