Os traballadores de GRI continúan a folga en demanda de melloras salariais e nas condicións de traballo

16, Abril 2019

Cando as negociacións parecía que poderían culminar con éxito, as mesmas quedaron rotas na tarde deste pasado lúns.

Empresa e os representantes dos traballadores volverán reunirse o próximo dia 22, para esa data se non houbese acordo a convocatoria de folga pasaría a ter carácter indefinido na factoría de GRI Towers Galicia no parque empresarial do Carballiño.

"Queremos traballo e salarios dignos na nosa terra" coreaban os manifestantes nesta mañá de martes polas rúas máis céntricas do Carballiño.

Modesto Ratón, representante do traballadores, manifestaba en COPE O Carballiño que "esta é unha batalla que temos gañada na loita polos nosos dereitos coa forza de todos os compañeiros".