Outra avaría na estación do Carballiño: o tren non arrinca e obriga ao traslado en autocar, mentres un representante de Renfe reúnese cos portavoces municipais
O último episodio de avaría dun tren que afectaba aos pasaxeiros na estación do Carballiño foi o rexistrado no primeiro tren da mañá deste pasado martes dia 4 de Febreiro, cando o tren non quixo arrincar e os 40 pasaxeiros que agardaban para viaxar a Ourense tiveron que facélo en autocar, co evidente retraso que esta circustancia provocou.
O máis curioso é que o representante enviado por Renfe para reunírse esta mañá cos portavoces dos grupos políticos municipais no concello do Carballiño confesou que non tiña coñecemento desta avaría, despois de comentar que "nos últimos dous meses non tiñan incidencias rexistradas nos trens".
Nesta reunión informativa, que se celebrou a instancias do concello carballiñés, o portavoz da empresa ferroviaria comunicou aos portavoces municipais que según a concesión adminstrativa en vigor, os actuais servizos que ten a estación do Carballiño -tres trens diarios con Ourense e un con Santiago de Compostela- están garantidos nos próximos dez anos.
En canto a modificación de horarios, tal como se demanda dende a Plataforma pola Mobilidade, non descartou posibles cámbeos para coordenar horarios e facilitar o enlace na estación de Ourense a outros trens de medio e longo percorrido.
En canto á demanda de que se restableza o servizo de información e venda presencial de billetes, o representante da empresa ferroviaria informou que xa é un feito a instalación dunha máquina de auto-venda na estación carballiñesa, onde se ubicou un dos tres novos dispositivos instalados en Galicia. Polo que respecta a reapertura da taquilla asegurou que xa está en marcha un procedemento de licitación para o concesión deste servizo de atención, que será de sete horas diarias de lúns a venres.