Outro atropelo, outro máis, na N-541 ao seu paso polo Carballiño, esta vez na Avenida 25 de Xullo
A travesía urbana da N-541 continúa acumulando accidentes de tráfico con persoas feridas, o útimo deste suma e segue rexistrábase nesta mañá de sábado na Avenida 25 de Xullo, esta vez en forma de atropelo a altura do paso de peóns do restaurante Fuchela.
O 112 mobilizou á Policia Local e unha unidade de Urxencias Sanitarias de Galicias 061, que trasladou en ambulancia á persoa ferida.
Mentres, o "Pacto de Pedre" que integran os concellos polos que percorre esta estrada N-541 continúa denunciando a alta sinistralidade desta estrada e demandando do Ministerio medidas que melloren a súa seguridade, precisisamente este tramo entre Dacón e Boborás figura entre os máis perigosos para os accidentes de tráfico en toda a rede viaria española.