Outro gol de Fajardo volve dar unha nova victoria ao Arenteiro, no partido no que Gelucho cumple un ano como adestrador dos verdes
O 25 de Novembro de 2018 Rogelio Gómez "Gelucho" debutaba como adestrador do Arenteiro nun partido no que estreábase no banco de Espiñedo empatando sen goles ante o Compostela, un ano despois pudo celebrar este aniversario cun triunfo no campo de San Campio de Pontellas.
E podía celebrálo o técnico de Cacheiras grazas a un gol do defensa Jorge Fajardo, que consumidas 14 xornadas do campionato na terceira división é o máximo realizador dos verdes con cinco goles, o da anterior xornada ante o Arousa valeu un punto e o desta tarde ante o Pontellas valeu tres puntos.
O gol do vilagarcián chegou na segunda parte, cando corría o minuto 59 de partido, antes os carballiñeses xa tiveran ocasións de poder marcar pero tivo que ser Fajardo quen co seu gol fose determinante na terceira victoria do curso, primeira lonxe de Espiñedo.
Para ver a ficha do partido sigue o enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...