Pachi Vázquez anuncia que abandona o PSOE
O exalcalde do Carballiño, exconselleiro e exsecretario xeral do PSOE en Galicia, Pachi Vazquez ven de anunciar por medio dun comunicado difundido na rede social wasap que deixa o partido no que militou dende que fora elexido deputado no parlamento galego en 1993, cargo no que cesou para convertirse en alcalde do Carballiño en 1995.
No comunicado no que anuncia que abandona o PSOE, diríxese a "compañeir@s e amig@s" manifestando que ven de tomar unha decisión "moi madurada, despois de moitos anos nos que traballei para Galicia e para o partido con toda a miña forza e ilusión, vexo que nin o partido nin as persoas que o representan están cómodas conmigo, nin co que fixemos durante moitos anos".
E engade que "tampouco eu estou cómodo co que están facendo dende a dirección, vetando, traicionando e enganando a compañeiros e compañeiras que diron literalmente a súa vida por unhos ideais e o mesmo tempo non comparto casi nada do que está a facer a dirección federal e o noso secretario xeral, comunícovos que acabo de tramitar a baixa como militante socialista".