Pachi Vázquez lamenta "o pouco peso político do Carballiño" que pode verse nas candidaturas para estas eleccións autonómicas. Escoita aquí a entrevista.
Pachi Vázquez presentou en COPE O Carballiño o seu novo proxecto político para estas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia "vou tentar aportar o meu gran de area neste gran equipo de homes e mulleres que desde Espazo Común Galeguista queren loitar por un Ourense mellor".
O candidato nº 1 nesta candidatura pola provincia de Ourense dixo que "estamos a sementar o que será o gran proxecto político de centro que falta e necesita Galicia" e lamentou o que considera é "falta de peso político que ten a dia de hoxe O Carballiño" no taboleiro político provincial e galego", e como exemplo desta afirmación puxo a escasa representación que ten O Carballiño e comarca nas candidaturas que concurren a estas eleccíons galegas do 18 de febreiro.
No audio adxunto podes escoitar íntegra a entrevista de Xan Pinal a Pachi Vázquez.