Pachi Vázquez lidera a constitución dunha asociación "na defensa do asilo" que nace "en positivo e sen ir contra ninguén".
O salón do Aparthotel Arenteiro acolleu a convocatoria pública promovida por Pachi Vázquez coa finalidade de constituir unha asociación "na defensa do asilo", unha chamada á que asistiron arredor dun cento de persoas.
O líder de Espazo Común reiterou varias veces, que este este proxecto asociativo nace "en positivo, e non pretende ir cotra ninguén, senón velar polo legado dos irmáns Prieto e que se cumpla o espíritu dos estatutos fundacionais". Vázquez defende a creación desta asociación porque "o patronato do asilo está en perigo, e o pobo do Carballiño ten que saber que a Fundación non é da igrexa nin do concello, senón do Carballiño", tamén asegurou que "durante 120 anos non houbo motivo de preocupación, pero sí dende que marcharon as monxas fai dous anos".
A celebración desta reunión coincidíu nunha xornada na que o sindicato da CIGA e as traballadoras que están enfrontadas á dirección da Residencia Irmáns Prieto levaron a súa protesta ata Ourense, cunha concentración ás portas do Bispado, na que pediron "a readmisión das traballadoras despedidas".
Pola súa parte, a directora do xeriátrico carballiñés defendou nesta emisora de radio a política de persoal e lamentou que "unha minoría das traballadoras non entendesen os cámbios que houbo que levar a cabo, adaptandose ao que nesta e calquera residencia de maiores esixe a Xunta". Nuria Iglesias dixo que o cadro de persoal é na actualidade de 62 persoas e tan so "unha minoria non se adaptou, lamentablemente houbo que tomar decisións porque non estaban facendo ben o seu traballo, e o verdadeiramente imporante son as persoas que coidamos".