Pachi Vázquez postúlase ante os seus incondicionais "con gañas e ilusión para devolverlle a O Carballiño todo o que lle debo, traballando para construirlle un futuro”.
Pachi Vázquez presentouse ante os seus incondicionais,e non so do Carballiño senón tamén chegados doutros concellos da comarca e mesmo doutras localidades galegas, cun "cheo ata a bandeira" destacan desde Espazo Común, no que foi o acto organizado para iniciar a súa campaña preelectoral coas vistas postas no 28 de Maio e coa idea de ser de novo alcalde do Carballiño, cargo que xa obstentou durante 10 anos, entre 1995 e 2005.
Na previa á intervención do candidato á alcaldia, tomou a palabra Adolfo Nogueira, para expresar a súa convicción de que "Espazo Común é xa a referencia da política no Carballiño, despois de catro anos de intenso traballo. Estando en cada recuncho onde foron requeridos pola veciñanza, presentando propostas en tódolos plenos e fiscalizando o desastre do actual goberno para denunciar os moitos erros que foron deixando, cal regueiro, polo camiño".
Pachi Vázquez abríu a súa intervención manifestando “estar con gañas e ilusión para devolverlle a O Carballiño todo o que lle debo traballando para construirlle un futuro”.
Asemade esbozou certas accións que serán as primeiras "no caso de ter, despois do 28 de maio, a responsabilidade de gobernar Medidas para resolver o conflito do Asilo, sobre o Centro de Saúde, sobre o pendello intermodal, melloras ambiciosas no sistema de conciliación e algunhas máis que irá desgranando nas vindeiras semanas".
Vázquez puxo en valor o equipo humano de Espazo Común "o mellor equipo de homes e mulleres e temos gañas. Cando quixeron pechar un colexio, alí estabamos nós. Cando comezou o conflito no Asilo, alí estabamos nós. E así en tódolos temas importantes deste pobo. A xente xa sabe quen traballa e quen só fai fotos”.
Asegurou que "xa falan de pactos e de acordos, o noso único acordo é cos veciños e veciñas deste pobo. Nós imos a gañar e, pese a quen pese, imos estar no vindeiro goberno municipal” dixo Vázquez que foi ovacionado en varias ocasións polos asistentes.