Pachi Vázquez proclama no mitin socialista "a maioria absoluta de Fumega, fronte ó PP que cando goberna paraliza proxectos"
O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou o traballo que os socialistas galegos están a realizar no Carballiño e sinalou que o principal requisito para gañar as eleccións “é quererlle ao Carballiño e ir porta por porta a coñecer os problemas dos veciños”. Destacou que o candidato á alcaldía, Francisco Fumega “faino como ninguén e por elo vai acadar a maioría absoluta”, porque “o seu corazón é O Carballiño, e o coñece recuncho por recuncho”. Pola súa parte, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, comparou a España cun autobús “que o Goberno socialista leva adiante, co apoio de todos” mentres o PP dedícase a boicotealo: “Mayor Oreja pinchando o autobús, Aznar botando azucre no deposito para logo dicir que non carbura, Trillo e Pons que insultan ao conductor a ver si se despista, e Camps, que cando lle pides os cartos do ticket di que llos ten que pagar ao seu xastre, sen olvidar a Rajoy, que está durmindo na estación”.
Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Francisco Fumega, incidiu nos proxectos previstos para o desenvolvemento do Carballiño, así como dos investimentos realizados polo anterior goberno socialista, como a nova depuradora ou a autovía libre de peaxe”.
Sinalou que o gran reto para os vindeiros anos é crear emprego, e avogou por modernizar o sector hosteleiro e potenciar o balneario para promocionar o turismo do Carballiño “porque temos un importante patrimonio histórico e artístico que temos que potenciar”. Salientou tamén a importancia de potenciar o polígono industrial, o sector empresarial e o pequeno comercio “e iso só é posible cunha candidatura que quere ao Carballiño e que se compromete”.