Pachi Vázquez: "quenes temos que decir onde se fai o centro de saúde somos os do Carballiño, non os de fora". Espazo Común lamenta o tempo perdido e anuncia unha convocatoria pública para recoller o sentir da veciñanza.
O concelleiro de Espazo Común dixo en COPE O Carballiño que "o alcalde ten unha virtude, ten unha habilidade especial para contar medias verdades, que acaban sendo a maior mentira", lamentou o tempo perdido para a posta a disposición da Xunta a parcela que se precisa para a construcción do novo Centro Integral de Saúde "levamos con esto dende novembro de 2019 e os técnicos do concello aínda esta mañá non sabían qué espazo demanda Sanidade ao concello do Carballiño".
Pachi Vázquez considera que a decisión anunciada onte nesta emisora de radio polo alcalde Fumega de trasladar á Xunta varias propostas "é unha forma de escurrilo bulto e que decidan outros de fora que nunca van vir ó medico a O Carballiño, ésta é unha decisión de vital importancia para O Carballiño do futuro que nos esixe responsablidade a todos".
En canto ás dúas posibles localizacións das que falou o alcalde, ningunha das dúas convence a Pachi Vázquez, a que menos a do actúal centro de saúde "qué facemos durante os dous ou tres anos que duren as obras, quedámons sen centro de saúde?", plantexou, "ademáis o concello perdería a gran oportunidade de facerse cun edificio ao que podería dar novos usos".
Sen descartar ningún das posibles ubicacións que poden propoñerse, Pachi Vázquez apunta dúas que non lle parecerían mal "unha parcela que ten 10.000 m2 coñecida como a do Reque, nas inmediacións da rúa Alberto Vilanova ou o solar da estación, onde están as antigas casas da Renfe".
Espazo Común anuncia que en breve organizará unha convocatoria aberta a toda a veciñanza carballiñesa para abrir un debate público sobre esta decisión e recoller a opinión da cidadanía.
A entrevista íntegra a Pachi Vázquez pódese descargar no PODCAST dispoñible nesta mesma WEB, en "Programa" do dia 10 de Novembro de 2021.