Paco Fumega en Cope "elexiuse a Dopazo Deputado porque nin eu nin os Alcaldes de Piñor e Maside quixemos ser"

19, Xullo 2011

Cando están a punto de cumplirse os dous meses desde as eleccións muncipais do pasado 22 de maio, o que fora candidato dos socialistas á Alcaldia do Carballiño e agora xefe da oposición na súa condición de portavoz do grupo municipal socialista, Paco Fumega, repasou nunha entrevista en Cope O Carballiño este inicio do mandato municipal, e mesmo se referíu a outras cuestiós de carácter interno no seu partido, como as críticas que se produciron no entorno do PSOE local tras a designación de Gillermo Dopazo como Deputado Provincial en representación dos concellais socialistas da Comarca do Carballiño.En relación a este asunto, Fumega dixo "teño que ser nitidamente claro, eu non quixen ser, ofreceronmo, o partido, os compañeiros todos, pero nin eu nin o Alcalde de Piñor nin tampouco o Alcalde de Maside consideramos que fora oportuno nin bó para os nosos concellos dedicarnos á Deputación Provincial, considero que o traballo de oposición no Carballiño ten a suficiente entidade como para dedicarme en corpo e alma a él ", xa de forma máis explícita sobre a designación de Dopazo engadíu que " dentro das posibilidades que se barallaron considerouse por unanimidade que fora Dopazo, que tampouco se postulou, pero o partido considerou que era a persoa que tiña máis tempo e dispoñibilidade, e mellor podía representarnos".

Xa en canto a cuestiós da actualidade municipal no concello carballiñés, o Portavoz Socialista lamentou a suspensión das Xociviga "preocupame porque son valores que unha vez que se perden é moi dificil recuperar, e debemos procurar manter as nosas señas de identidade, porque solo asi acadarémos un desenvolvemento endóxeno. Preguntado sobre as manifestacións do grupo de goberno do Partido Popular, que culpou ó anterior equipo de goberno socialista de non deixar nada previsto para as xociviga deste ano, Fumega manifestou que "tamén é certo que según os responsables do Cine-Club ninguén do Concello os chamou aínda para interesarse por este tema". Tampouco considera o xefe da oposición acertada a decisión de dedicarlle a festa do polbo deste ano ó sector productivo do cogombro, xa que "Alemania fíxonos un favor moi grande de publicidade a nivel nacional e internacional, O Carballiño deuse a coñecer e penso que podía ser unha boa liña, sectores productivos en Galicia temos bastantes que o están pasando moi mal...como para buscar un producto tán exótico como o pepino".