Paco Fumega propón a creación dun "paseo fluvial no Carrás" e un "museo da feira en Flores"
Paco Fumega presentou un novo proxecto incluido dentro do programa electoral que conta como protagonista un dos lugares máis emblemáticos do Carballiño, o barrio de Flores.
Doutra parte, O Presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Fernández Liñares, apoiou a iniciativa de Paco Fumega despois de comprobar o estado do Carrás o seu paso polo Carballiño e comprometeuse a que os técnicos desta administración hidráulica visiten a zona e estuden a posibilidade de realizar unha limpeza das marxes do río que se complementarían coa construcción dun paseo fluvial. Este senda peonil, construiríase nas beiras do Carrás entre o centro de saúde e o vello matadoiro municipal e tería unha lonxitude aproximada de 500 metros cun ancho de 1,5 metros con pilotado de madeira naquelas zonas con perigo de inundación.
Paco Fumega manifestou a súa satisfacción e lembrou que este proxecto de recuperación das beiras do Carrás é esencial para unha vila como o Carballiño que aposta polo medio ambiente e polo turismo de calidade.
Fumega aposta pola creación dun Museo da Feira e dos Arrieiros no casco vello da vila, xa que considera que Flores é o lugar máis axeitado para levar adiante esta iniciativa coa que se pretende facer unha homenaxe as feiras que deron lugar o nacemento do Carballiño. O candidato socialista é consciente de que na actualidade, o nivel de deterioro que presentan algúns dos edificios do barrio é importante, ata o punto de que pode afirmarse que de non desenvolver un plano de actuacións de salvagarda a trama tradicional urbana da zona do Carballiño desaparecerá. Por ese motivo, propón unha rehabilitación axeitada das vivendas e do casco urbán utilizando materiais nobres como a madeira ou a pedra. Para elo porase en funcionamento unha oficina de rehabilitación que permita por en marcha os estudios e a toma de decisións necesarias para levar a cabo a rehabilitación proposta, pero sempre integrando a veciños, propietarios e institucións no obxetivo cumún de recuperar o barrio de Flores preservando deste xeito a memoria histórica da vila. Paco Fumega anunciou o seu compromiso de mercar unha das vivendas do casco vello para levar adiante todas as actuacións de rehabilitación e deste xeito transformala na futura sede do Museo da Feira.