Paixón desatada en Espiñedo: O Arenteiro golea 5-0 ao Somozas e ascende á Segunda Federación

25, Abril 2021

Tarde memorable para a afección arenteirista, palpábase no ambiente con antelación, dende unha hora antes de comezar o partido a grada de Espiñedo estaba xa co aforo cuberto, finalmente unhas 200 persoas quedáronse sen poder entrar ao Estadio debido a que o aforo Covid é de 500 persoas. O Arenteiro, que necesitaba gañar para lograr o ascenso foi un vendaval futbolístico e aos 23 minutos xa gañaba 3-0.

Ao fnal, escenas moi emotivas, sobre todo entre os afeccionados máis veteranos, o Arenteiro facía historia e volvía conseguilo 34 anos despóis, volvía ascender á Segunda B, que agora pasará a ser Segunda Federación, e faino ademáis de forma brillante e aínda con dúas xornadas para completar a competición, marcando rexistros de puntuación que son record na historia do club en categoria nacional.

O equipo dirixido por Fran Justo saíu ao terreo de xogo sabedores do que se xogaban e en apenas tardaron 4 minutos en marcar ante un superado Somozas o primeiro da tarde por medio de Sylla, aos 13 m. Germán Pérez de expléndido testarazo facía o segundo, o Arenteiro estaba desatado e aos 23 minutos Eimil marcaba o 3-0 e aínda antes do descanso chegaba o 4-0 tras outra acción de Sylla. Partido sentenciado ao que aínda lle quedaban outros 45 minutos e nos que Javi Pazos puxo o defintivo 5-0 e o delirio en Espiñedo.

Para ver a ficha do partido sigue o enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...