Pan de Cea celebra unha degustación con receitas de Emma Pinal e presenta a reformada páxina web do Consello Regulador, asi como actividades previas á celebración da Festa de Exaltación
Os responsables do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea e o alcalde da localidade panadeira presidiron unha desgustación de receitas feitas con pan de Cea da man da Casa de Turismo Rural "O Cruceiro" baixo a dirección da chef Emma Pinal.
Ao acto, celebrado no centro multiusos de Cea asistiron varios elaboradores da IXP Pan de Cea, xornalistas e representantes doutros colectivos colectivos, que poideron comprobar a versatilidade deste producto de calidade na gastronomia moderna.
A degustación comezou cunha escuma de sopa de allo con pan de Cea, para continuar cunha torrada salgada de pan de Cea con toques mariñeiros, pepitos de tenreira galega e tortilla de pataca, e concluindo cunha exquisita sobremesa a base de sandwich xeado de chocolotate de pan de Cea.
O presidente do Consello Regulador IXP Pan de Cea, Carlos Manuel Rod´riguez, aproveitou o encontro para presentar os carteis da Ruta dos Fornos, que se celebrará o sábado dia 1 de Xullo, na vespera da 26ª edición da Festa de Exaltación, que terá o lugar o domingo 2 de Xullo no campo da Saleta de cea. Antes, o domingo 25 de Xuño, celebraráse unha nova edición da andaina solidaria, desta vez os fondos que se recaden destinaránse ao proxecto de investigación da biopsia líquida.
A presentación tamén servíu para presentar a renovada páxina web do Consello Regulador www.pandecea.org
Carlos Manuel Rod´riguez indicou que o novo portal "conta maior carga visual, con vídeos e fotografías, intégrase coas distintas redes sociais e incluso ofrecerá a posibilidade de seguir os eventos via streaming".