Paraugas e bolsas da compra para concienciar na igualdade no concello de Boborás
O concello de Boborás vai repartir entre a veciñanza 2.000 unidades, paraugas e bolsas para a compra co lema "Se nos educas por igual, vivirémos en igualdade".
A campaña, que está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, acompáñase coa entrega dun díptico informativo no que se incide na importancia dunha educación cos valores da igualdade entre mulleres e homes.