Paris de Noia e Panorama convocaron a nove mil persoas en Dacón.
Todas as previsións quedaron desbordadas na noite do pasado venres 22 de maio, madrugada xa do sábado, na que foi unha das multitudinarias verbenas que se recordan en toda a historia da nosa comarca. Confluiron varios factores, comezando pola data, un venres noite, vispera de xornada non laboral para a maioria, unhas moi agradables temperaturas sen que as temidas treboadas coas que amenazaban algunhas previsións meteorolóxicas, e por suposto, o gran tirón popular das dúas orquestras, fixeron que Dacón rexistrase unha asistencia record. Un dos integrantes da comisión de festas, Aurelio contaba hoxe no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que nunca antes se recordaba algo asi "porque calculase que foron unhas nove mil persoas as que o venres se achegaron a Dacón", asi que seguramente foi ésta das festas de Santa Rita 2009 a verbena máis concurrrida de toda a historia festiva da nosa Comarca. Outro medidor atopámolo nos problemas de tráfico e as retencións, que tampouco nunca se recordan, para acceder en automóbil a Dacón, e o estacionamento de vehículos chegou a ocupar unha boa parte do polígono industrial do Carballiño, na zona de Corzos.