A parroquia de Mandrás, en Cea, acollerá a estrea da "Paris de Noia" este verán na comarca. Será o próximo 28 deste mes de xuño.
A parroquia de San Pedro de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, celebrará as súas festas patronais os próximos dias 28, 29 e 30 deste mes de xuño no que andamos.
A actuación estelar do programa festivo será a actuación da gran orquestra galega "Paris de Noia", que amenizará a verbena o venres dia 28, xunto á disco móbil Infinitty.
O sábado 29, ademáis do espectáculo da disco móbil Infinitty, estará en Mandrás o gruupo Gloss. Finalmente, o domingo dia 30 o grupo musical "Os Galeguiños" animarán os pobos da parroquia, á unha da tarde celebraráse a misa solemne na honra ao patrón da parroquia San Pedro, e pola noite animará a última verbena destas festas de Mandrás o trio Vaivén.