As parroquias de Punxín, Ourantes, Freás, Lás, Stª Comba, Armeses, Rañestres e Piñeiro, renden unha homenxe póstuma ao seu párroco.
A igrexa parroquial de Santa María de Punxín quedouse pequena na tarde deste domingo, moitas persoas tiveron que quedar no exterior do templo, para participar na misa de funeral por D. Victor Bernárdez, organizada polas parroquias na que o finado sacerdote exercía como párroco, as de Punxín, Ourantes, Freás, Lás, Sta. Comba, Armeses, Rañestres e Piñeiro.
A celebración relixiosa convertíuse nunha homenaxe póstuma a quen foi o seu párroco nos últimos anos, falecido de forma repentína aos 42 anos de idade esta pasada Semana Santa.
A masiva asistencia da mostra do cariño que a veciñanza destas parroquias sentían á persoa de D. Victor, foi unha xornada emotiva e de moito sentimento na lembranza do finado párroco.