Partido Popular e Espazo Común encallan as súas negociacións, e resígnanse a que Francisco Fumega sexa investido de novo como alcalde do Carballiño.
O Partido Popular do Carballiño afea a Espazo Común que "nos derradeiros días cambia de criterio cada pouco e non admiten, logo de 19 días das elección, ser a terceira forza por mandato do pobo".
A pesar de que nun principio os primeiros contactos entre ambas formacións para chegar a un posible pacto de goberno no concello do Carballiño parecía que podería avanzar, o certo é que as posibilidades quedaron practicamente descartadas polo Partido Popular, asegurando que Espazo Común esixiu a alcaldía para Pachi Vázquez, algo totalmente innegociable para os populares que, entenden, corresponderíalle a eles a alcaldía na súa condición de segunda candidatura máis votada tras a do Partido Socialista. Desta maneira, e xa a apenas 24 horas por diante para a sesión de investidura, todo parece indicar que Franscisco Fumega será investido este sábado como alcalde do Carballiño
Reproducimos íntegro o comunicado difundido polo Partido Popular a primeira hora desta mañá de venres:
"Lino González, candidato do PP á alcaldía do Carballiño xunto cos seus concelleiros e concelleiras reuniuse con Pachi Vázquez e o seu equipo, logo da chamada deste para falar de posibles acordos para a gobernabilidade do Carballiño, logo incluso de que el mesmo comentara que non existirían conversas.
A reunión foi cordial pero ao mesmo tempo foi corta, pois Pachi Vázquez esixe a alcaldía para empezar a falar de calquera outro avance, e aí, nin Lino nin os seus concelleiros/as e nin o Partido Popular do Carballiño, está en disposición de facilitar a alcaldía a Pachi Vázquez, sendo que ESCO a terceira forza política quedou a 271 votos por detrás do Partido Popular, e isto un tema non opinable pois é comprobable.
Ante isto, o Partido Popular fixo un chamamento ao apoio á investidura o vindeiro sábado para poder seguir falando de gobernabilidade.
O Partido Popular do Carballiño prestouse a estas eleccións con xente ilusionada en Cambiar a tendencia da política local e non a imos a perder negociando con quen sexa e menos a calquera prezo e desobedecendo o mandato do pobo, pois do resultado das eleccións o que se desprende e que dun acordo PP-ESCO a alcaldía debería de ser para os Populares.
Lino González, dixo en campaña e o di agora e que ademais os resultados o avala, que o Partido Popular votaríase a si mesmo pois é quen debe de pilotar o cambio de cara o futuro das melloras sociais e económicas do noso pobo.
O Partido Popular, estará onde o día das eleccións decida o voto do grupo de Pachi, pois é a terceira forza, será quen teña esa ocasión e non terá reparo o PP en que sexa na oposición si Pachi mesmo decide darlle a alcaldía ao PSdG -PSOE con Fumega ao fronte, espazo onde por afinidade"