Partovia permanece inalterable, Señorín, A Piteira, Mesego e Sagra incrementan poboación, que cae nas outras 11 parroquias do Carballiño, según o último padrón de habitantes.
O concello do Carballiño perdeu 178 habitantes no último padrón municipal de habitantes correspondente ao ano 2021, que estará en vigor ata a súa nova actualización o 1 de xaneiro de 2022, ata esa data a poboación oficial do concello carballiñés é de 13.911 habitantes.
Según os datos do INE, a poboación aumentou no último padrón en catro parroquias do municipio, Señorín que ven rexistrando un incremento constante nos últimos anos, desta vez a parroquia de Señorín suma 6 habitantes, polo que sitúa a súa poboación nos 446 residentes, sendo a segunda parroquia do concello con máis habitantes, despóis da capitalidade municipal. Tamén incrementou os seus habitantes Mesego, 3 máis, que sitúan a súa veciñanza en 344 persoas.
A maior novidade según os datos do último padrón está en dúas parroquias que, por vez primeira vez en décadas consiguen contrarrestar a tendencia descendente, e incrementan a súa poboación, son as da Piteira, que con 4 veciños máis, chega aos 189, e Sagra, que sobe ata os 117 habitantes, 2 máis neste último padrón. Repite o mesmo dato do ano anterior, quédase como estaba a parroquia de Partovia, con 267 habitantes.
As outras 11 parroquias do Carballiño perden poboación. A única parroquia urbana, a de San Cibrán do Carballiño rexistra un retroceso de 141 habitantes, que deixa a cifra actualizada nos 11.266 residentes no casco urbano do Carballiño. Entre o resto das nosas parroquias, a que máis poboación perde é Seoane, que baixa ata os 304 habitantes, tras perder 12 no último padrón. Lobás ten 11 habitantes menos, quédase con 178 no seu ámbito parroquial. Arcos baixa ata o 147 habitantes, 8 menos en relación o anterior padrón, neste caso o INE non considera nesta parroquia á veciñanza das rúas Castelao e Avenida de Compostela, que se adxudican á poboación do núcleo do Carballiño.
Banga perde 7 habitantes e baixa ata o 46, a parroquia con menor poboación do concello do Carballiño. Longoseiros tamén ve reducida a súa poboación, que neste último padrón é de 128 persoas, tras perder 4 no úlitmo ano. O Varón baixa 3 habitantes, ata os 56 que lle concede o INE. Tres parroquias perden, respectivamente 2 habitantes, Veiga que se queda con 171, Madarnás, que baixa ata os 84, e Cabanelas ata os 53 habitantes. Finalmente, a parroquia de Mudelos perde 1 habitante e quédase con 114, según esta última actualización do padrón municipal do concello do Carballiño.