Paso adiante cara a permanencia do Arenteiro, tras gañar en Barbadás
Un gol "delicatessen" de Rubén Arce e outro de Igor Sevivas certificaron o triunfo dos verdes en Barbadás, ainda que os locais recortaron no marcador no minuto 77 e ao final tocou sufirir, nun partido con exquisita deportividade a pesar do que se xogaban ambos equipos e cun protagonista negativo, o árbitro coruñés José Manuel Cives.
Quen non vise o partido e vexa a acta arbitral, con ambos adestradores expulsados e ata 13 cartóns amarelos e doble a Igor Sevivas, pensará que o partido foi unha batalla campal, nada máis lonxe da realidade, a pesar da tensión en ambos equipos, nin un mal xesto, nin unha mala entrada, nun partido exemplo de deportividade.
Desafortunada actuación do trio arbitral, abuso de tarxetas sin ton nin son, e con contínuos erros, o demáis bulto no gol do Barbadás, que chega nunha xogada despois de que o balón saíu claramente do campo.
O partido estivo moi trabado durante toda a primeira parte, e condicionado polas características do terreo de xogo dos Carrís, cos dous equipos temerosos de cometer erros en defensa, e moi atentos ás segundas xogadas.
Tras o descanso, chegou a "exquisitez" de Rubén Arce, o dianteiro verde ao borde da área grande víu ao porteiro local lixeiramente adiantado, e lanzou o balón cun curva perfecta que superou ao bo meta portugués do Barbadás, Rui.
O gol exploleou aos locais que se foron polo empate, pero foi o Arenteiro que volveu golpear no minuto 66 por medio de Igor Sevivas, cun tiro raso que se colou na portería do Barbadás.
O gol local que volvía meter aos azulóns no partido chegou no minuto 77, aínda quedaba moito partido, pero os verdes defenderon con uñas a renda no marcador, logrando así tres importantísimos 3 puntos para avanzar cara a permanencia.
Na foto, o golazo de Rubén Arce.