Paso adiante da Festa do Pulpo para conseguir a súa internacionalidade
"A Festa do Pulpo está preto de conseguir que sexa declarada de interese turístico internacional",así o dixo o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda en Nuremberg no acto de presentación e promoción da LV Festa do Pulpo do Carballiño e 25 Festa do Pulpo do Centro Galego desta cidade alemá.
Nesta presentación participaron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal; os concelleiros Argimiro Marnotes e Bernardo García, do PP e Alternativa Veciñal, respectivamente; o secretario xeral de Emigración, Antonio Miranda; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o cónsul xeral de España en Baviera, Ricardo Zalacain e un concelleiro de Nuremberg en representación da Alcaldía desta cidade.
O concello do Carballiño tamén levou dous pulpeiros, Plácido Justo e Carmen González, que coceron varios centenares de kilos de pulpo que se serviron a varios miles de persoas baixo unhad carpas instaladas polo Centro Galego nunha rúa pechada ao trafico para a ocasión.
O Presidente do Centro Galego de Nuremberg, Gerardo Arias, abriu o acto cun discurso de lembranza ás orixes da Festa do Pulpo de Nuremberg e do Carballiño, e agradeceu o apoio das autoridades e a dedicatoria da 55 Festa do Pulpo ao Centro Galego de Nuremberg.
No acto tamén intervíu o alcalde do Carballiño, que fixo unha cronica histórica da tradición pulpeira do Carballiño e convidou a todos os presentes a acuidir a O Carballiño para gozar da festa no vindeiro mes de agosto.