Patricia Torres desminte os rumores dunha posible renuncia como rexedora municipal "aos veciños de Boborás dígolle que seréi a súa alcaldesa mentres queiran". Escóitaa aquí.
A alcaldesa de Boborás aproveitou unha intervención nesta emisora de radio para saír ao paso de comentarios feitos en redes sociais nos que afirmaban que a rexedora municipal presentaría en poucos dáis a súa renuncia á alcaldía deste concello para formar parte da candidatura do Partido Popular ao Parlamento de Galicia, de cara as eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro.
Patricia Torres, molesta con este tipo de comentarios "que non é a primeira vez que fan", quixo lanzar unha mensaxe á veciñanza de Boborás, na que asegurou que "seréi a súa alcaldesa mentres queiran".
Podes escoitar as súas manifestacións no audio adxunto, no que a alcaldesa de Boborás tamén fai referencia a diversos asuntos da actualidade municipal neste inicio de ano, entre eles as obras que vai soliciatar o concello de Boborás con cargo o Plan de Cooperación da Deputación, que estrea este ano novo modelo de financiación cos concellos, e a través do que Boborás recibirá case 209.000 euros para este ano 2024.