Patricia Torres, nova alcaldesa do PP, primeira muller na historia da democracia na Comarca que asume o bastón de mando

27, Maio 2019

A candidata do Partido Popular é a gran gañadora da xornada electoral no municipio de Boborás, onde consigue incluso ampliar a maioria absoluta do seu predecesor Ciprianno Caamaño, ao lograr oito actas para os populares, unha máis da que tiñan.

Eva Pardo non consigue mellorar para o PSOE o resultado que xa obtivera fai catro anos con MOVE Boborás, e quédase con 3 concelleiros na futura corporación municipal.