Pazos de Arenteiro soterrará cableado e Leiro elimina barreiras arquitectónicas, con axudas da Deputación.
A xunta de goberno da Deputación Provincial acordou na súa reunión semanal celebrada este lúns dia 11 de xullo, a concesión de axudas económicas aos concellos da provincia en materia de cooperación coas entidades locais.
O concello de Boborás contará cunha achega por importe de 15.000 euros para o soterrado do cableado no núcleo histórico de Pazos de Arenteiro, declarado como núcleo de interese histórico- artístico dende o ano 1973.
Pola súa parte, o concello de Leiro benefíciase dunha axuda de 32.000 euros para acometer un proxecto de eliminación de barrreiras arquitectónicas na vila de Leiro, unha actuación que permitirá a mellora da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida.