Pelotazos eu ? "pensa o ladrón que todos son da súa condición" resposta Fumega ás criticas de Espazo Común
No dia no que se cumpre un ano dende as eleccións municipais de 2019 que auparon ao socialista Franscisco Fumega á alcaldía do Carballiño con maioría absoluta, o rexedor aproveitou a súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño para contestar ao comunicado difundido por Espazo Común e no que esta formación facía balance deste primeiro ano de mandato municipal afirmando que foi o dos "enganos, mentiras e pelotazos" no concello do Carballiño.
"Pensa o ladrón que todos son da súa condición" non dubidou en manifestar Fumega a propósito das críticas de Espazo Comun a súa xestión durante o úlitmo ano.
E engadíu "as miñas contas son públicas, teño o mesmo diñeiro que fai catro anos e medio na conta do banco, a miña concepción da política non é a do pelotazo, pódese discrepar, pero eu creo que a recollida do lixo vai mellorar moito nun contrato a 6,8 ou 10 anos, que poderá revertirse en calquera momento, os servizos sociais xa estaban privatizados, no o único que facemos e volvélos a sacar a concurso, e o mesmo pasará coa auga, xa o levaba no meu programa".
E enfatizou, "pelotazos eu ? a miñas contas no banco están a disposición de calquera veciño, as contas son públicas, declaramos o que tiñamos cando entramos no concello, e pode saberse".
Fumega defendeu a súa xestión na alcaldía neste primeiro ano do actúal mandato municipal no concello do Carballiño "do que máis satisfeito estou é do apoio e confianza que me mostraron os veciños, e do máis insatisfeito da situación de suciedade e mal estado no que se atopan algunnhas rúas, temos cousas que mellorar", concluíu.