Penedo en COPE "Ao Alcalde do Carballiño faltoulle valentía política, e aos curas pediríalle que se informasen"
O Alcalde do Irixo volveu reafirmarse nas súas manifestacións “o oitenta por cento dos veciños do Irixo están a favor da instalación da incineradora, cada dia que pasa teñoo máis claro, e sen molestarme moito”.
Penedo insistíu, no trancurso dunha entrevista en COPE O Carballiño en que “esto non se fai por mal senón polo ben do pobo, que a xente estea tranquila, que o tema da contaminación estará totalmente controlado, cada 3 minutos poderán verse a través de internet as actualizacións sobre a contaminación, e ademáis instalaránse dispositivos de control medio-ambientais nas zonas máis próximas, xa antes de empezar a funcionar a incineradora, para que poidan ver os niveis de contaminación antes e despois, e asi poderán facer medidas comparativas, e ver que non haberá problemas pola contaminación”, asegurou .
O Rexedor Municipal tamén tivo unha mención concreta “a postura dos curas”, aos que pedíu “que non prediquen desde os altares o mal, porque ese mal non ven por ningún lado, esto faise polo ben de todos” e recomendoulle “que se informen, que é moi sinxelo, que chamen ao Principado de Andorra, que ademáis é un país turístico e verán como alí funciona unha incineradora no propio val e que apenas ten niveis de contaminación”.
Manuel Penedo lamentou que “se ande metendolle medo á xente a base de contarlle mentiras” e preguntado sobre a postura en contra da ubicación da incineradora por parte do Alcalde do Carballiño, tamén coma él do Partido Popular, respostou “ é un caso aparte, faltoulle valentía política, e cando en política che falta a valentía podes acabar caendo nas garras da oposición, espero que reflexionen a asi o sepan ver”, concluíu.