Permanece en estado grave a moza apuñalada pola súa ex-parella esta pasada madrugada no Carballiño
A Garda Civil do Carballiño detivo esta pasada madrugada a G.L.F., veciño de Esposende (Ribadavia), e de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio, ó apuñalar a súa ex-parella, unha rapaza de 21 anos de idade e veciña da Arnoia, causandolle feridas graves no pescozo. Os feitos ocorriron arredor da unha da madrugada de hoxe domingo á saída dun bar de copas, na rúa Marcelino Enríquez Parrondo do Carballiño. A moza foi trasladada ó Complexo Hospitalario de Ourense, en estado de sedación e con respiración asistida. Foi intervida de urxencia e o seu estado é grave. Sobre o detido, pesaba xa unha orde de afastamento por malos tratos desde o pasado mes de setembro. Instrue dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño. O suceso causou fonda conmoción nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, sendo o caso de violencia machista máis grave que se recorda nos últimos anos.