Persoal da Residencia de Maiores de Leiro confínase nunha casa de turismo rural como medida de prevención, e na residencia carballiñesa Irmáns Prieto piden unha nova desinfección
A directora e 17 traballadores do centro de maiores “ Quercus” de Leiro decidiron illarse para coidar aos maiores e protexelos do coronavirus, a dia de hoxe non se rexistrou ningún caso de contaxio.
A súa directora, Maite Rodríguez Rivas, manifestou que era a “última carta que quedaba por xogar” para evitar que o coronavirus afecte aos residentes xa que, ata o de agora “puxéronse en marcha todos os protocolos recomendados” polas autoridades sanitarias e a Consellería de Política Social, e realizáronse “desinfeccións internas e externas” mesmo coa presenza da Unidade Militar de Emerxencias.
A directora sinalou que o persoal do centro de maiores “traballa en dúas quendas e dormen nunha casa de turismo rural, San Clodio” cuxo dono “a cedeu de forma altruísta e solidaria” e que se atopa á beira de “ Quercus”. Maite Rodríguez asegurou que os residentes son “76 persoas de distintas idades e distintos graos de dependencia” e que son de “máximo risco” para o coronavirus ao “ter varias patoloxías”.
Mentres, na Residencia Irmáns Prieto do Carballiño,a de máis alta capacidade das comarcas do Carballiño-Ribeiro, cunha comunidade de 170 persoas entre residentes e persoal, onde na semana pasada levouse a cabo unha desinfección a cargo dos bombeiros do parque do Carballiño, continúan a salvo do virus peroconsideran que sería convinte repetir esta mesma labor, pero de momento están á espera, mantendo a máxima alerta coas medidas de hixiene e seguridade en todas as dependencias do centro, sobre todos nas zonas de utilización común.