A petición do BNG e consenso de todos os grupos: A Corporación Municipal celebrará un pleno extraordinario este domingo 25-N "Dia internacional para a eliminación da violencia machista"
A corporación municipal carballiñesa está convocada para este domingo, ás 20,00 h., para celebrar unha sesión plenaria extraordinaria co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A iniciativa partiu dunha proposta formulada polo grupo municipal do BNG, que foi asumida pola totalidade dos grupos municipais.
Como único punto na orde do pleno, ademáis da aprobación da acta da sesión anterior, figura: PROPOSTA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CONSENSUADA POLO 25 DE NOVEMBRO “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA”.
Así pois, neste acto lerase unha declaración institucional consensuada entre todos os partidos poíticos con representación municipal, e tamén está previsto efectuar unha concentración na Praza Maior diante do concello.