Piden a declaración de Indicación Xeográfica Protexida "Pemento de Punxín", as concelleiras socialistas solicitan un pleno extraordinario para avanzar nesta proposta
As concelleiras socialistas en Punxín veñen de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para pedir que se inicien os trámites para a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín.
Dende o Grupo Municipal Socialista indican que se trata dunha medida que podería supoñer, sen dúbida, un pulo para Punxín. Segundo as concelleiras socialistas, “Punxín sempre destacou pola súa riqueza hortícola e nun momento no que se está a poñer en valor o producto de proximidade e ecolóxico, non podemos quedar sen facer nada”.
A voceira socialista, Lorena Peleteiro, destaca que “temos un producto cunhas características propias e que o fan singular fronte a outras variedades, temos que comezar a poñelo en valor. Punxín gozou sempre dun recoñecido prestixio en canto a productos da horta e a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín pode supoñer un revulsivo para a economía de Punxín”.
O PSdeG de Punxín destaca que está claro que as políticas de abandono á que ten sometido o grupo de goberno ó noso Concello non nos van a levar a ningún lado, precisamos un cambio, políticas que fagan virar a dinámica deste Concello, e dende a oposición, as Concelleiras socialistas están a traballar para que así sexa, e esta é outra demostración delo.