Pinchazo do Arenteiro en Espiñedo ante o Ramirás, 1-2.
O Ramirás chegou a Espiñedo co propósito de gañar o encontro e conseguíuno, cun plantexamento do partido moi valente, o Ramirás sacou a relucir as carencias que sigue amosando nesta liga o Arenteiro. Nin indo por diante no marcador os de Ramirás se botaron atrás, pola contra, seguiron practicando a súa proposta de fútbol ofensivo, e consegurion o seu obxetivo, levarse os 3 puntos en xogo.
No primeiro minuto de partido xa se adiantaban no marcador os visitantes, aínda que logo chegaría a resposta do Arenteiro cunha combinación -das poucas desta primeira parte- que nacía nas botas de Canexón e culminaba dentro da área Marcos Sotelo, cumpliase o minuto 8 de partido, e parecía que o Arenteiro logo se faría co mando do encontro. Nada máis lonxe da realidade, porque apenas 7 minutos tardaría o Ramirás en volver situarse por diante no marcador, faciao por medio dun zurdazo que o seu lateral lanzaba desde as inmediacións da área que se colaba na portería carballiñesa. Aínda había moito partido por diante, pero o marcador sería xa inamovible. Durante toda esta primeira parte o Ramirás xogou máis e mellor, estivo moi ben posicionado no campo e xogando sen ningún tipo de complexo, multiplicando os seus efectivos cada vez que atacaban e replegando moi ben as súas liñas cando trataban de facélo os locais. Mentres, o Arenteiro era incapaz de aproximarse con perigo á portería visitante, o seu recurso era enviar balóns aéreos a Iglesias, que pouco podía facer en solitario.
Xa no inicio do segundo periodo, os carballiñeses tiveron unha boa ocasión de empatar, pero o remate de Iglesias saíuse fora. Tras unhos minutos iniciais nos que parecía que o Arenteiro ía polo partido, o xogo volveu nivelarse atá o tramo final, cando o Arenteiro volveu apretar, con duas boas oportunidades que Marcos Sotelo e Iglesias non souberon aproveitar. Tralo pinchazo desta tarde, o Arenteiro perde fuelle nesta liga, e tras sumar unicamente un punto nos dous últimos partidos, situase fora de postos de ascenso.