Piñor volve entrar na relación de concellos con casos de Covid, no continúan O Carballiño (14) Maside (13) Boborás (3) e Cea (1)

20, Marzo 2021

Levaba semanas libre de virus, pero nesta última actualización de datos Piñor volve entrar na relación de concellos afectados ao notificar un contaxio activo. Tamén cun único caso activo figura dende fai dias o concello de San Cistovo de Cea.

Á cabeza do coronavirus na comarca manténse O Carballiño, que tras tres dias de incremento, hoxe repite dato, polo que mantén 14 contaxios activos. Maside tamén estabiliza o seu número de persoas con infección activa, que son 13. Boborás resta un caso ao rexistrarse outra alta médica, e quédase con 3 contaxios activos neste sábado 20 de Marzo.

Finalmente, permanecen libres de virus os concellos de Punxín, O Irixo, Beariz, San Amaro, Leiro e Avión.