A piscina climatizada municipal promove o aforro enerxético coa instalación dunha caldeira de biomasa

3, Xaneiro 2017

O Instituto Enerxético de Galicia ven de conceder ao concello de Avión unha axuda por importe de 44.820 euros para a instalación dunha caldeira de biomasa  nas instalacións da piscina municipal.

Trátase da única piscina climatizada de titularidade pública aberta e en funcionamento no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, con actividade durante todo o ano.

Con esta mellora, o concello de Avión consigue un importante aforro enerxético, ademáis dun beneficio para o medio ambiente.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.