A Plataforma celebra "un triunfo definitivo" pola sentencia que declara nula a licenza para a planta de compostaxe das Fontaiñas
A "Plataforma pola saúde" constituírase en 2010 para opoñerse a instalación dunha planta de compostaxe nos montes comunais do pobo de As Fontaiñas, e presentara ese mesmo ano un recurso contra a licenza municipal outorgada polo Concello de San Cristovo de Cea.
Agora, dous anos despois, esta Plataforma na que se integraron veciños das parroquias de San Fagundo de Cea, Seoane, Garabás, e outras localidades, considera "un triunfo da veciñanza a sentencia do Xulgado do Contencioso Administratvo de Ourense, que declara nulo o acordo da Xunta de Goberno do Concello de Cea de 15 de setembro de 2010, que outorgaba a licenza para esta planta nas Fontaiñas".
Para a "Plataforma pola saúde" esta sentencia "fixo posible que se parase un proxecto tras unha decisión inxusta do Alcalde de Cea, que incumplíu os requisitos que marca a lei, como agora pon de manifesto a sentencia, que declarou nulo aquél acordo de concederl licenza para a instalación desta planta".
O proxecto estaba promovido pola empresa Compost Galicia S.A. para a maduración de compostaxe e almacén de envasado, e contra o mesmo tamén alegaran os concellos de Maside e O Carballiño, ao entender que non se cumplían as condicións e normativas medio ambientais.
A "Plataforma pola saúde" manifesta, ademáis que "o triunfo dos veciños é definitivo e completo", xa que asegura que nin por parte do Concello nin da empresa promotora recurriron esta sentencia.