A plataforma dixital "marcaoirixo.gal" da visibilidade ás empresas e productores do Irixo

19, Xaneiro 2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá no Irixo na presentación do marketplace impulsado polo Concello e que permite adquirir en liña pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais.

A Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación apoia con máis de 47.000 esta plataforma dixital, dispoñible en mercaoirixo.gal, coa que o Concello do municipio ourensán dá visibilidade e achega novas posibilidades de negocio para as empresas da localidade.

O Concello do Irixo é un dos beneficiarios do programa de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural A través desta convocatoria concedéronse axudas por preto de 590.000 euros a 18 beneficiarios, entre os que se atopan concellos de menos de 10.000 habitantes, Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e unha federación de comerciantes.

Así, impúlsanse accións de promoción comercial e de acceso a innovadoras canles de venda a través da creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, co fin de darlles unha proxección de venda para adaptarse á nova demanda e perfil do consumidor.